Da raiva as letras

Quero converter a raiba en letra,

quero calmarme, disipar o martelo interior,

non podo, resúltame imposibel.

E antes que berrar o baleiro, a unha existencia fría,

mellor escribir a raiva, quizais así a calme,

que a raiva sexa a miña mellor amiga,

convertila na miña mellor arma, transmitila a este mundo tan desangrado,

volatilizarme por dentro.

Nostalxia Afundida

Un reflexo no meu espello,

teas da araña que xa non habita este cuarto,

a choiva , o vento e a oscuridade coméndose a pouca luz que se espreita no ceo,

dende esta pequena fiestra xa envellecida.

Todo sucumbe á fuxida do meu tempo, tempo que pasa e do cal síntome apresado,

a paixón vivida perdeuse na neboa da miña tristeza máis sangrante,

as garras afiadas do agobio rabuñanme por dentro, e fan dano a miña nostalxia,

nostalxia da cal xa non podo subsistir máis, esmorece e afúndese.

Corazón quente

Quizais o teu corazón ainda teña frio,

quizais o teu corazón este espido,

quizáis o teu corazón naceu nunha noite invernal en Varsovia,

precisa dun calor perpetuo, que arda,

que se convirta en cinzas, e que rexuda das cinzas como un ave Fénix.

Que convirta a rutina en caos, que abra os ollos coa sua simple presenza.

Arrincao, queimao, dalle vida, dalle luz, que escape da sombra.

Que de voltas como un tiovivo con viaxes infinitos,

que todos sucumban o seu calor, mata ese frio, arrincate as sombras.

Conciencias e Pesadelos

Os meus pesadelos son ruido,

zumbidos nos meus oidos, moi extraños,

son voces confusas, tentan dicirme algo.

Quizais son as miñas conciencias perdidas no tempo,

encontraron o portal dos meus pesadelos aberto,

falanme, escoito pasos fortes, non entendo nada,

tento espertar, máis non podo, aferranme coa sua corda,

non podo sair, tento berrar e non podo, afoganme coas suas mans.

O final desisten e deixanme en paz, de momento,

sei que voltaran, quizais para a proxima entenda as suas palabras,

zumbidos extraños, ali estaran expectantes,

ante o portal dos meus pesadelos.